el establecimiento está adherido
O Carné Xove é unha tarxeta xuvenil para acceder a descontos e vantaxes en entidades e establecementos nos preto de 40 países europeos adheridos ao programa (European Youth Card). É gratuíto e ten vixencia indefinida dende os 12 aos 30 anos de idade.
O carné xove que chega por defecto á casa cómpre activalo (incorporarlle o número Eyca ou número de carné), ben por vía presencial ou electrónica:
-Presencial: acudindo a un dos puntos de activación co DNI/NIE/pasaporte da persoa titular do carné xove.
-Electrónica: cubrindo este formulario e marcando a opción de ACTIVACIÓN DO CARNÉ XOVE RECIBIDO NO DOMICILIO. Despois, recibirán no seu correo electrónico o seu número de carné, que deberán escribir manualmente na tarxeta para tela activada. Importante!: nos datos da persoa solicitante cómpre poñer os do mozo/a titular da tarxeta. No caso dos menores de 14 anos, o seu representante (nai/pai/titor legal) deberá poñer os seus datos no apartado de representante, pero igualmente poñer os do rapaz/a nos datos do solicitante.
Que fago se non me chegou o Carné Xove á casa?
Se tes os 12 anos feitos e non recibiches o carné no teu domicilio, podes solicitalo de xeito gratuíto a través dalgunha destas vías:
- Acudir ao punto de activación máis próximo ao teu domicilio.
- Solicitalo a través da sede electrónica, procedemento BS319A. Importante!: nos datos da persoa solicitante cómpre poñer os do mozo/a titular da tarxeta. No caso dos menores de 14 anos, o seu representante (nai/pai/titor legal) deberá poñer os seus datos no apartado de representante, pero igualmente poñer os do rapaz/a nos datos do solicitante.