Publicado por CRTVG | 26.10.2016

colegio-optometristas-de-galicia-campana-ollo-cos-ollos

Os problemas de visión na maioria dos casos soluciónanse coa correcta adaptación dunhas lentes. Só 3 de cada 10 persoas con mala visión teñen unha patoloxía grave. Con estes datos, o Sergas e o Colexio de Ópticos potencian o programa ‘Ollo cos ollos’, que permite facer unha primeira consulta nos centros ópticos.

Esta mañá houbo xornada formativa para os ópticos en Santiago. Os profesionais que se unen ao programa ‘Ollo cos ollos’ teñen que facer de xeito obrigatorio un curso coma este. O obxectivo é garantir que todos os pacientes van recibir unha atención semellante.

Unha primeira revisión da vista, a que se fai no centro óptico  que en moitos casos evita a cita co ofltalmólogo. O médico de familia ou o pediatra é o que deriva o paciente ao centro óptico, cunha folla de interconsulta. Uns mil establecementos están adheridos a este progarma en toda Galicia.

O programa diríxese a toda a poboación maior de seis anos. Tamén é importante a revisión da capacidade visiual dos nenos.

Preto de 390.000 galegos beneficiáronse deste programa de prevención ‘Ollo cos ollos’ nos seus nove anos de vida.

[ver vídeo]